Se recentemente fixemos sen máis unha conta en blip.tv para subir os nosos videos, e non reparamos na súa configuración, daríamonos conta que ao visualizalos, tanto en blip.tv como na nosa web, vemos publicidade ao inicio de cada video.
Isto é asi porque nas opcións “por defecto” á hora de criar unha conta en blip.tv, a publicidade está marcada como algo, aceptado.
Mudar isto é moi sinxelo, estes son os pasos a seguir.
1) Logueate na tua conta en blip.tv, botón da parte superior dereita: Login
2) Vai ao apartado “Anuncios” …en inglés “Advertising”. Menú Dashboard / Advertising:

3) Asegurate de que as tres opcións de publicidade están desmarcadas.

4) Finalmente garda a configuración premendo en “Save Settings“. Listo.
5) Comproba que agora xa non ves a publicidade ao visualizar os videos.










0 Respostas
Mantente en contacto coa conversa, subscribete á sindicación RSS dos comentarios desta entrada.