Skip to content


Curso de auto-publicación web

Durante as próximas semanas estará en marcha un curso básico de auto-publicación web. Este curso está orientado a xestores/as de contidos en comunicación web ou a persoas que queiran adentrarse nesta práctica.

Os obxectivos do curso son, dar unha visión global da publicación web, coñecer as ferramentas máis comúns na xestión de información en internet, realizar xestión básica de contido multimedia e finalmente adentrase na xestión de contidos web mediante Joomla e WordPress.

Os contidos do curso estarán disponibeis de xeito permanente desde este mesmo apartado.

Ler máis…

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Auto-publicación web.


Como administrar unha listaxe de distribución GNU mailman

GNU mailman é unha das listaxes de distribución máis populares hoxe en dia. Desenvolvida polo proxecto GNU desde 1999, acostuma a ser un software complementario incorporado na maior parte das hospedaxes web. Dicir tamén como característica destacada que GNU mailman é software libre.

A continuación veremos os puntos máis importantes para administrar eficazmente unha listaxe deste tipo.

Ler máis…

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Capítulo 07, Correo Electrónico.

Etiquetado como .


Como preparar imaxes para publicar en internet

Normalmente unha imaxe ou fotografía no seu formato orixinal, ben sexa procedente dun programa de tratamento gráfico ou dunha cámara fotográfica, conta con características moi superiores aos requirimentos óptimos para a súa publicación en internet.

Unha páxina web soe requirir imaxes precisas, de tamaño pequeno, lixeiras e nomeadas correctamente, características que favorecen a súa difusión na rede e evitan o consumo innecesario de recursos, tais como espazo en disco ou taxa de trasferencia.

Desde este pequeno manual aprenderás o fundamental para preparar unha imaxe p.e. procedente dunha cámara fotográfica, para a súa publicación en internet.

Á hora de preparar unha imaxe debes escoller o programa de tratamento gráfico axeitado, en esencia todos fan o mesmo. Desde aquí pola súa facilidade e estandarización recomendamos: Gimp ou Photoshop.

Gimp é software libre e podes descargalo libremente desde a súa web oficial gimp.org ou desde a túa consola de aplicativos en ubuntu.

Ler máis…

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Capítulo 04, Tratamento de imaxes.

Etiquetado como .


Reeditar títulos e variar contidos en entradas publicadas

O recurso de reeditar títulos e variar contidos nas entradas publicadas, é unha práctica non habitual no mundo da publicación web, fundamentalmente porque as webs hoxe en día o que buscan é “xerar fluxo”, é dicir, contido dinámico contínuo.

Reeditar contido constantemente non xera fluxo e despista a quen xá leu unha entrada, dado que elimina a perspectiva na evolución dunha información (non permite ver a información tal e como estaba ao principio da súa publicación).

A mellor solución para cando queiras aportar información adicional a unha entrada penso que pode ser, ou ben escribir un comentario na mesma (os comentarios son fluxo), ou ben escribir unha nova entrada, ligada á anterior por exemplo, por unha etiqueta. Esta etiqueta tamén xera fluxo, debido a que crea unha liña informativa nova, unha liña que pode ser seguida e mesmo ligada desde un apartado específico da web.

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Recomendacións, Xestión de Contidos.

Etiquetado como .


O tempo na túa web

A web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente – Agencia Estatal de Meteorología, ofrece a predición por municipio en forma de código accesíbel desde calquera web. Especialmente indicado para ser empregado en forma de páxina ou widget en WordPress, así como de páxina ou módulo en Joomla.

Ler máis…

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Cultura de internet, Plugins, Plugins.

Etiquetado como .


Diferencias entre categorías e etiquetas en WordPress

WordPress conta cun sistema de clasificación de artigos baseado en duas estructuras distintas, “categorías” a clasificación principal por defecto e “etiquetas” unha clasificación complementar tamén coñecida pola sua denominación en inglés “tags”.

As veces pode resultar confuso manexar simultáneamente dous métodos con funcións semellantes, imos ver as principais diferencias entre ambos.

Ler máis…

Comparte e goza compartindo:
  • email
  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • BarraPunto
  • Chuza
  • Facebook
  • Twitter

Publicado en Categorias, Etiquetas.

Etiquetado como .